Nova chamada á responsabilidade neste tempo de Entroido tan atípico e marcado polo Covid. Dous amigos creativos verineses, Jorge Godás e Carlos Montero (pais do Festival Internacional Curtas Vía XIV de Verín-FIC), veñen de realizar esta peza audiovisual, tan breve como clara e directa, na que inciden na recomendación dun Entroido responsable e dentro da casa xogando, de maneira moi orixinal, coa palabra entroido.
Autoría do vídeo: Akasha.