ConcellosO BarcoÚltima hora

Unha pata escolle por segunda vez no ano o maceteiro dun veciño da zona vella do Barco para o seu niño

 

Menos dun mes despois de que as súas crías chegasen ao río Sil dende a terraza dunha casa da zona vella do Barco, unha pata volvía escoller este mesmo lugar para criar, por segunda vez, no que vai de ano. Hai uns días volvía ao mesmo maceteiro da primeira vez para facer abrir sitio entre as plantas de amorodos e facer un gran burato para o seu niño.

 

 

O regreso collía totalmente por sorpresa ao veciño desta casa que acollía con agrado e ilusión o regreso desta ave, na que puxera anteriomente 12 ovos. “Está claro que ten intención de volver e eu creo que vai volver facer o niño”, asegura, “agora hai que esperar a ver que pasa”.

Artigos relacionados

Back to top button