ConcellosO BarcoÚltima hora

Unha pata escolle un maceteiro dunha terraza da zona vella do Barco que dá ao Sil para poñer os seus ovos

 

Acostuma darlle de comer anaquiños de pan a ocas e  patos do río Sil dende a terraza da súa casa, na zona vella do Barco. E, como recompensa ao seu agarimo por estas aves, un veciño desta zona da vila levaba nestes días unha agradable sorpresa. Unha pata escollía un maceteiro desa terraza como lugar para facer o seu niño, no que xa puxo dez ovos. Este veciño está encantado con este xesto da ave e procura que a pata se sinta cómoda cando acode ao lugar, evitando molestala.

A pata, cuxo macho merodea tamén pola zona, visita o niño cada día. Este veciño confía esperanzado en que todos os ovos saian para adiante nos vindeiros días.

Nesta galería pode verse o niño e a femia de pato, acompañada do macho, no río Sil.

Artigos relacionados

Back to top button