OurenseÚltima hora

Unha persoa é trasladada en helicóptero tras sufrir varias picaduras de abellas en Verea

 

Esta tarde o 112 Galicia recibía o aviso un particular que alertaba do estado dun home que sufría varias picaduras de abellas.

O suceso tiña lugar arredor das 17:30h. nunha granxa situada na Estrada de Bangueses, no municipio ourensán de Verea, e, ata o lugar, tras ser alertados polos xestores do 112 Galicia, acudían os servizos sanitarios, que mobilizaron un helicóptero medicalizado, tal e como informa o 112 Galicia. Ademais, tamén foron informados os axentes da Garda Civil.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o home ferido foi trasladado ao Hospital Cristal Piñor de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button