OurenseÚltima hora

Unha persoa falecida e outra ferida nun accidente de tráfico en Lobeira

O accidente producíase pasadas as sete da tarde na OU-540 (Ourense-fronteira portuguesa)

Na estrada OU-540 (Ourense-fronteira portuguesa), no termo municipal de Lobeira, producíase un accidente de tráfico ao redor das sete e cuarto da tarde do 1 de xaneiro. Por causas que se descoñecen, un turismo que no que viaxaba un matrimonio saíase da estrada pola marxe esquerda nun tramo recto e chocaba contra unha taxea e logo volcaba.

Como consecuencia do accidente falecía o condutor do coche, veciño de Lanceiros (Lobios), e a acompañante resultaba ferida leve e era traslada ao PAC de Bande. Ata o lugar do suceso desprazábase a Garda Civil e un equipo do GES de Lobios que participou na recuperación e excarcelación do cadáver, así como o 061.

Artigos relacionados

Back to top button