ConcellosVilamartín

Unha persoa ferida nunha saída de vía na N-120 ao seu paso polo concello de Vilamartín de Valdeorras

 

Novo accidente de tráfico na N-120 ao seu paso pola comarca de Valdeorras, neste caso no concello de Vilamartín, no que se vía implicado un único vehículo.

Arredor das 9:20 horas o 112 Galicia tiña constancia dunha saída de vía no punto quilométrico 459, ao seu paso pola localidade de Arcos.

Ata o lugar dos feitos acudían a Garda Civil de Tráfico, Urxencias Sanitarias 061 e bombeiros do parque comarcal que “non tiñan que escarcerar a ninguén, simplemente axudaron á persoa ferida a saír do coche e trasladala á ambulancia”, explican dende o 112, indicando que posteriormente era trasladado ata o Hospital Público Valdeorras.

Back to top button