ConcellosÚltima hora

Unha persoa queda atrapada por unha perna debaixo dunha máquina agrícola en Castro Caldelas

 

Neste mediodía unha persoa quedaba atrapada por unha perna debaixo dunha máquina agrícola en Castro Caldelas. Os feitos sucederon nunha leira na avenida de Ourense, ao fío das 12:15 horas. Ata o lugar desprazábanse os efectivos do GES de Castro Caldelas, que liberaron ao home, segundo informa o 112 Galicia.

Foi a propia persoa accidentada quen alertou ao 112 Galicia e, a partir de aí, púxose ademais a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e de Protección Civil.

Artigos relacionados

Back to top button