
A Wine Scholar Guild é unha das entidades de coñecemento de referencia mundial, líder en organización de programas de certificación especializados nos viños de Francia, Italia e España, cunha rede de escolas que abarca 30 países e 5 continentes. Son pioneiros en educación enolóxica online, con centos de seminarios web educativos, que ofrecen aos seus estudantes a posibilidade de aprender dos nomes máis respetados da industria e participar en viaxes de inmersión no estudio do viño máis privilexiados do mercado.
Nunha das mencionadas viaxes, participa esta semana unha selección da elite vitivinícola a nivel mundial, composta por un total de 17 formadores, chegados desde catro continentes (Europa, América, Asia e Oceanía), que participan nunha experiencia enolóxica homologada pola Wine Scholar Guild, que inclúe a visita ás cinco denominacións de orixe de viño que existen en Galicia: Rías Baixas, Valdeorras, Ribeiro, Ribeira Sacra e Monterrei, así como ao Consello Regulador das II.GG. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
A actividade, impulsada desde a Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das II.GG Augardentes e Licores de Galicia (Acruaga), conta ademáis co respaldo do Igape, e está conducida por Jorge Vila, director da Galicia Wine Academy.
Itinerario
Será hoxe mércores día 25 de setembro cando os formadores cheguen á D.O. Valdeorras. Farano á última hora do día, procedentes do territorio da D.O. Monterrei, para desfrutar dunha cea composta por productos de caza, maridada cunha selección de viños de anadas anteriores a 2023.
Ao día seguinte, xoves 26 de setembro, o grupo de formadores comezará a xornada coa visita a dúas adegas da D.O. Valdeorras, e a asistencia a un túnel do viño dirixido polos técnicos do Consello Regulador. A comida posterior á cata, incluirá unha selección de productos típicos, de novo acompañados por viños amparados.
Promover a excelencia, a internacionalización e a formación continua, son parte dos obxectivos de Acruaga, que aglutina aos cinco consellos reguladores de viños galegos e ao de augardentes e licores. Esta visita non ven senón a reforzar a aposta firme pola experiencia e o contacto coa realidade do mundo vitivinícola, o que sen dúbida ven a reforzar os coñecementos teóricos a través dos prácticos.