ConcellosÚltima hora

Unha “Semana Santa ao vivo” en Allariz do 24 ao 27 de marzo

Concertos na rúa, actividades infantís, mercados e visitas guiadas, entre as propostas deseñadas polo Concello
Cartaz da programación da Semana Santa en Allariz.
Cartaz da programación da Semana Santa en Allariz.

O Concello de Allariz propón do 24 ao 27 de marzo unha programación específica cultural e lúdica, centrada na música de rúa: a “Semana Santa ao vivo”. Os concertos serán un dos bloques principais con actuacións no casco histórico da vila (de 12h. a 14h. e de 18h a 20h.) como as de Andhrea &T he Black Cats (blues), Vates Bonhomios (pop-rock), Feitizo (versións en acústico), Beatriz Martínez & Langarika (arpa e bouzoki) e Soul & Roll (rock, pop, soul e blues).

Outra das propostas serán os mercados de diverso tipo. Por unha banda estará o Mercado de Artesanía, que abrirá as portas do 24 ao 27 de abril no Patio do Museo do Coiro (de 11h. a 21h.) e que contará cunha ducia de postos. Ademais, o Mercado da Reserva da Biosfera poderá visitarse os días 25 e 26 de marzo de 10h. a 14h. e contará con cociña ao vivo.

Pensando nos máis pequenos organizarase unha ludoteca con xogos tradicionais os días 25 e 26 de marzo (de 16h. a 20h.) na praza de Abaixo.

O oferta de actividades complétase con visitas guiadas, visitas ao centro de educación ambiental de O Rexo ou aos museos alaricanos (Museo da Moda, Museo do Xoguete, Museo do Coiro).

Artigos relacionados

Back to top button