DeportesÚltima hora

Unha vintena de atletas das Escolas Deportivas de Trives, no provincial benxamín e alevín

Atletas das escolas trivesas que competirán no provincial./ Cedida.

Preto de vinte atletas das Escolas Deportivas de Trives acudirán na vindeira fin de semana ao campionato provincial das categorías benxamín e alevín que se celebrará nas pistas do complexo deportivo de Monterrei, en Pereiro de Aguiar.

“Van 18 nenos e nenas das escolas, que participarán en  varias probas, lonxitude, triatlón, peso, altura, e carreiras de medio fondo e de velocidade”, explica o seu adestrador, Tino Sierra. De novo os triveses vestirán a camiseta do Club Adas do Barco nesta competición.

O seu principal obxectivo será “gozar da competición e se cae algunha medalla, como noutras ocasións, pois estupendo”, engade Sierra.

Artigos relacionados

Back to top button