Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima horaVídeos

Unhas 130 persoas súmanse á andaina solidaria pola canle romana, entre Petín e Larouco

Esta iniciativa a prol de Asfaval, que se iniciaba ás 9:30h. na Portela, supón un traxecto duns 12 km

 

Ás 9:30h. deste domingo 11 de xuño partía dende A Portela (Petín-Larouco) a andaina turística e solidaria organizada cun carácter solidario para este 11 de xuño. Aúna deporte, cun carácter benéfico e, tamén, arqueoloxía e o patrimonio, xa que discorre pola canle romana de 12 km que percorre os concellos de Petín e Larouco.

Unhas 130 persoas participaban nesta iniciativa benéfica a favor de Asfaval, promovida por A Rabiosa en colaboración cos Concellos de Petín e Larouco. Ao seu remate terá lugar un xantar popular.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button