CD BarcoDeportesFútbolGalerías de fotosÚltima hora

Uns 200 nenos pasarán ao longo de tres semanas polo Campus de Fútbol do CD Barco 2021

 

Tras un ano con moi pouca actividade e con moitas ganas de fútbol, na mañá deste luns 5 de xullo arrancaba en Viloira o esperado campus do CD Barco 2021. Unha edición que superou todas as expectativas en canto a inscrición, cuns 200 nenos que pasarán polo céspede do Campiño nas tres semanas que durará. A primeira, do 5 ao 9 será gratuíta, a segunda irá do 12 ao 16 e a terceira do 19 ao 23.

En horario de mañá, de 10 a 13:30 horas e en grupos reducidos seguido os protocolos Covid (xel, mascarilla,…), os nenos de 4 a 16 anos participantes poderán practicar fútbol e tamén iniciarse neste deporte, da man de profesionais do club de fútbol do Barco como son Rubén García ou Iván Guntiñas, entre outros.

Debido á situación sanitaria que aínda non se normalizou, este ano o campus está unicamente centrado no fútbol (especialmente no apartado deportivo e técnico) sen as tradicionais excursións e actividades complementarias que adoitaba ter antes da pandemia.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button