DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Uns cen participantes na marcha nocturna “Os Mouchos” do Barco

O traxecto partía ás 23:15h. do 19 de agosto dende a praza do Concello

Á noitiña do venres 19 de agosto partían dende as proximidades do pavillón vello do Barco os case cen participantes na novena Marcha nocturna camiñando “Os Mouchos”. Equipados con chaleques reflectantes e frontais, os andaríns encentaban ás 23:15h., e tras escoitar as indicacións da organización, un traxecto rduns 10 kms que pasaba por zonas como O Serro, Trambasaugas, Vilanova, Outarelo, Veigadecabo e que voltaba á praza do Concello.

Esta actividade, que contaba coa colaboración de Protección Civil do Barco, ten sido organizada polo Club Peña Trevinca en colaboración co Concello do Barco.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button