CD BarcoCD RúaDeportesEn portadaFútbolGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Valdeorras amosa a súa solidariedade nun exitoso triangular benéfico de fútbol

Na tarde do 4 de xaneiro recolléronse en torno a media tonenalada de alimentos non perecedoiros para Cáritas O Barco

 

De “éxito rotundo” califican dende o CD Barco o primeiro triangular benéfico que na tarde do mércores 4 de xaneiro reunía no campo municipal de Calabagueiros aos tres equipos sénior de fútbol de Valdeorras: CD Barco, CD Rúa e CD Córgomo Vilamartín.

 

 

A pesar do frío invernal e da tarde desapacible con chuvia a ratos “o resultado era o de menos reinando a deportividade e o bo facer de todos os deportistas”, destada o presidente do Barco, Nilo Ramos quen, en nome do equipo anfitrión, agradece “aos nosos equipos veciños a súa participación” desexando que esta iniciativa solidaria teña continuidade para futuras edicións.

 

 

No trianggular, con entrada gratis a cambio de alimentos non perecedoiros recolléronse “en torno a media tonelada”, asegura Nilo, adiantando que segundo o previsto pasarán a mans de Cáritas O Barco para a súa xestión.

 

 

A nivel deportivo, os primeiros en xogar (partidos de 45 minutos de duración cada un) eran o CD Barco e o CD Córgomo resolvéndose o encontro co 2-0 favorable para os vermellos. O segundo partido enfrontana ao CD Barco co CD Rúa resolvéndose con outro 2-0 favorable para os os locais; e o terceiro ao CD Córgomo-CD Rúa resolvéndose cun empate 1-1.

 

 

Nesta iniciativa tamén houbo mostras de ánimo para Villa (CD Rúa), gravemente ferido nun atropelo mentres traballaba no mes de decembro, a ao rematar houbo una pequena pinchada no campo.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

Máis información e fotos:

Os equipos de fútbol de Valdeorras xogan por unha boa causa

Artigos relacionados

Back to top button