En portadaÚltima hora

Valdeorras rexistra 328 casos activos de Covid, 23 máis que onte

Vista panorámica de Vilamartín de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Mantense a tendencia positiva nos casos activos de coronavirus en Valdeorras. A comarca suma un total de 328 positivos (datos da Consellería de Sanidade actualizados ás 18h. de onte), o que supón 23 máis que onte.

Os contaxios activos aumentan principalmente en Vilamartín de Valdeorras contabiliza 90 positivos, 28 máis que onte. Tamén soben os positivos na Rúa a 79 (1 máis que onte) e en Rubiá con 14 (1 máis que onte). En cambio os casos baixan no Barco con 114 positivos (6 menos que onte) e en Larouco con 1 positivo (1 menos que onte).

As cifras mantéñense igual que onte no Bolo con 7 positivos, en Carballeda con 11, en Petín con 7 positivos e na Veiga con 5 positivos.

No que atinxe aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras rexistra 14 ingresos en planta por Covid, 2 menos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button