EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Valdeorras suma 4 medallas de Ouro nos Premios VinDuero-VinDouro de España e Portugal

Os viños premiados son Cepado Godello 2023, Cepado Finca A Devesa 2022, Pedrazais Godello 2023 e Sampayolo Mencía 2023

Imaxe do certame./ Cedida.

 

Un total de catro viños de Valdeorras, tres brancos e un tinto, obtiveron sendas Medallas de Ouro no Certame Internacional de Viños “Premios VinDuero-VinDouro” de España e Portugal, patrocinado pola Organización Internacional de la Viña y el Vino (OIV).

“O elevado número de galardóns, colocou á D.O. Valdeorras no primeiro posto das Denominacións de Orixe de Galicia”, resaltan dende o consello regulador desta denominación. O certame, que cada ano desde 2005 celébrase na primeira semana de agosto, na localidade salmantina de Trabanca, nos Arribes doDouro, conta con máis de 60 catadores de prestixio internacional. Por iso “a repercusión dos viños premiados no concurso, e a súa promoción a nivel mundial, é unha aposta segura”, segundo a D.O. Valdeorras.

Os premiados foron:

Na categoría de Viños Brancos sen Crianza:  “Cepado Godello 2023” de Adega O Cepado.

Na categoría de Viños Brancos Envellecidos en Madeira: “Cepado Finca A Devesa 2022” de Adega O Cepado e “Pedrazais Godello 2023” de Adega Alan de Val.

Na categoría de Viños Tintos sen Crianza: “Sampayolo Mencía 2023” de Bodegas Sampayolo.

Artigos relacionados

Back to top button