CulturaGalerías de fotosÚltima hora

A valdeorresa Mª Carmen Gago, recoñecida como membro da Unión Nacional de Escritores de España

Recibía o seu título nun acto celebrado no Salón Nobre do Casino de Pontevedra no que tamén participaba o barquense Eulogio Gavela

A escritora, crítica de arte e poeta Mª Carmen Gago Florenti xa forma parte da Unión Nacional de Escritores de España (UNEE). O seu acto de nomeamento como membro desta entidade tiña lugar en outubro no Salón Nobre do Liceo Casino de Pontevedra, cidade onde reside esta asturiana de nacemento e valdeorresa de adopción.

Gago Florenti recibía o seu título de mans da delegada da UNEE na zona Norte, Ana Julia Martínez, encargada ademais de presentar o acto. Na súa intervención a escritora valdeorresa amosaba o seu agradecemento á UNEE, ademais de relatar anécdotas sobre a súa experiencia coas letras e a arte, con referencias ao seu curriculum. Tamén estaba presente no acto outro valdeorrés, Eulogio Gavela, membro da UNEE, quen falaba sobre a autora distinguida e recitaba un poema propio adicado a ela.

A velada, que continuaba cunha cea de gala e baile, estivo amenizada polo grupo poético-musical Amancay, do que tamén forma parte Mª Carmen Gago Florenti.

Fotos: J. Lorenzo Tilve.

Artigos relacionados

Back to top button