Despois de case un mes intervindo artisticamente o espazo urbano do Barco e convivindo cos seus veciños, entre o 30 de setembro e o 1 de outubro procedíase á retirada das instalacións do 2º Festival enBarcArte. Eran un total de nove, oito delas no exterior.
Delas, unha adquiría carácter permanente nesta edición, a de “Vieiros” de Jorge Barredo, que a partires de agora formará parte do entorno do Paseo do Malecón.

Outra delas, “Veciñanza” de Iván Prieto, situada en varios balcóns de casas da praza Maior, poderá aínda verse ata o 7 de setembro, data na que será retirada por este artista barquense.
Fotos da galería: Jorge Barredo, agás as tres últimas que son de Ángeles Rodríguez.

