Vin Polo Vento, magacine da tarde da Televisión de Galicia, converte cada día en protagonistas aos veciños dunha vila galega, aos habitantes dun barrio dunha cidade ou aos integrantes dunha asociación, dunha formación musical ou dun grupo de amigos. Ta tarde do 14 de novembro, o programa 255 tiña como convidados aos membros da Asociación Centro de Animación Rural (ACAR) de Celavente (O Bolo) que asistían ao programa acompañados por outros veciños da localidade.
En Celavente viven só 77 veciños pero son moi animados e activos organizando infinidade de actividades como chocolatadas, obradoiros, a Ruta dos Fornos e mesmo o mantemento da parroquia. Da restauración de moitas das pezas da igrexa encárgase Macu, unha das protagonistas do programa por ter nacido no Sáhara Occidental aínda que o seu pai é de Celabente. Outra das protagonistas foi Florinda, parteira de profesión que naceu en plena sega,…
Ao longo do programa, presentado por Nieves Rodríguez, sucedéronse os xogos, concursos e mesmo bailes. Os veciños de Celavente ata se atreveron a cantar o himno do seu pobo, creado por Juan Corzo que reside en Barcelona e a quen enviaron os seus saúdos dende a televisión.
Unha das actividades máis destacadas que organiza a ACAR é a Ruta dos Fornos que se celebra no mes de maio dende hai máis de dez anos. A ela e aos produtos tradicionais de Celavente como o pan ou a empanada (que se elaboran nos fornos comunais restaurados, estivo adicada a última parte do programa, antes do reto final.