Dende o pasado 6 de febreiro, coincidindo co cambio no formato de emisión e a eliminación da TV SD, veciños de diferentes partes do Barco non poden ver os canais de TVE 1, La2 e 24 horas en HD. “Curiosamente o resto de canais recíbense perfectamente, mesmo polo vello sistema SD”, explican os veciños afectados, que ven a televisión por antena xa que isto non lles afecta aos da televisión por cable.
Malia ter probado a resintonizar os televisores e mesmo algún decodificador para HD, os canais seguen sen aparecer, pero o curioso é que si se ven outros canais da televisión española como son Teledeporte e Clan. Por iso a veciñanza pide que se subsanen esas deficiencias para que se poida seguir accedendo a estes canais como acontecía ata hai tres días.