O ciclo musical “Terrasón 2020” pecha a súa terceira fin de semana coa actuación de “Velma Powel & The Bluedays”. O concerto tivo lugar na Praza do Sagrado ás 13:00h deste domingo, día 9 de agosto. A actuación tivo unha moi boa acollida por parte dos veciños, que se repartían entre as cadeiras habilitadas e as mesas da terraza.
A estadounidense Velma Powel ofreceu un concerto de blues, soul e jazz apoiada nos músicos vallisoletanos que conforman os “Bluedays”. A artista deixou impresionado ao público coa súa potente voz, chea de personalidade e herdeira da tradición blues da súa cidade natal, Chicago.

Durante un pequeno anaco e mentres Velma Powel aproveitaba para tomarse un descanso, a barquense Laura Ausensi, residente en Valladolid e coñecida dos “Bluedays” subiuse ao escenario e interpretou un par de cancións como vocalista. Cando rematou o concerto, os asistentes pregaron aos músicos un tema máis, petición que foi aceptada con agrado polos artistas. Powel finalizou a súa actuación cantando un último blues entre as mesas da terraza.
O “Terrasón 2020”, unha iniciativa do Concello do Barco, continuará a fin de semana que ven coa actuación de “Os Broders”, o día 14 de agosto ás 23:00h en San Roque; “Big Grethel” o día 15 ás 23:00h no Paseo do Malecón e “Tomás Porteiro” o domingo 16 ás 13:00h, tamén no Malecón.