
O fútbol sala valdeorrés en xeral e o Pizarras Los Tres Cuñados FS en particular, volven estar de noraboa. Unha das súas xogadoras, Vera Rodríguez González, vén de ser convocada pola Selección Galega de Fútbol Sala Femenino Alevín.
Tal como avanzan dende o club valdeorrés, a pivote deberá estar o vindeiro luns, 6 de febrero, ás 17:30 horas no polideportivo municipal de Boqueixón para participan na primeira concentración da pre-selección galega alevín feminina de fútbol sala, ás ordes da seleccionadora Pili Costa.
Os pais de Vera, orgullosos por esta nova que supón “un gran paso no fútbol sala femenino”, dan as grazas ao club e ao seu adestrador, Rosendo Durán. Dende o Pizarras Los Tres Cuñados pola súa banda, aseguran que “se a chamada da ourensá xa nos parecía una marabilla, qué decir da galega”, felicitando á familia Vera agradecéndolle “o esforzo que realiza para que poida acudir a todas estas concentracións” e sobre todo a ela “polo seu traballo”.
