OurenseÚltima hora

Verín abre o prazo para inscribirse na Ludoteca Deportiva 2020

Esta iniciativa lúdico-deportiva desenvolverase entre o 1 de xullo e o 31 de agosto

Publicidade

A concellería de Deportes de Verín abre mañá, 23 de xuño, o prazo de inscrición para o programa “Ludoteca Deportiva 2020”. Esta actividade lúdico-deportiva desenvolverase entre o 1 de xullo e o 31 de agosto.

Debido á situación actual, a actividade estará destinada a un máximo de 60 nenos e estará dividido por grupos de idade (6 a 7 anos, 8 a 10 anos e 11 a 14 anos).

 

Durante unha das pasadas edicións. Foto: Concello de Verín.

 

O programa mantén nesta edición a ampliación horaria implementada o curso pasado, tendo este servizo como horario básico dende as 09.30 ata ás 13.30 horas.

Respecto ás modalidades de inscrición, os usuarios dispoñen de:

– Grupo Xeral de 3 días/semana (luns – mércores – venres)

  • Idades: 6 a 14 anos.
  • Lugar: Pavillón Municipal de Deportes e piscinas de A Granxa.
  • Actividades: xogos predeportivos, rutas de sendeirismo, obradoiros, cine, actividades de ocio e tempo libre e actividades acuáticas.

– Grupo de Fútbol e Fútbol-Sala de 3 días/semana (luns – mércores – venres)

  • Idades: 7 a 14 anos.
  • Lugar: Complexo Deportivo A Granxa e Piscinas de A Granxa.
  • Actividades: actividades deportivas de fútbol e fútbol-sala e acuáticas ao aire libre.

– Grupo Xeral de 5 días/semana (luns a venres)

  • Idades: 6 a 14 anos.
  • Lugar: Pavillón Municipal de Deportes e Piscinas de A Granxa.
  • Actividades: xogos predeportivos, rutas de sendeirismo, obradoiros, cine, actividades de ocio e tempo libre e actividades acuáticas

– Grupo Mixto de 5 día​s/semana (luns a venres)  

  • Idades: 7 a 14 anos.
  • Lugar: Pavillón Municipal de Deportes, Complexo Deportivo A Granxa e Piscinas de A Granxa.
  • ​Actividades: Combina a asistencia ao grupo de fútbol (luns, mércores e venres) co xeral (martes e xoves).

Para formalizar as inscricións nesta actividade, compre cubrir a folla de solicitude, entregar unha fotocopia do DNI e o xustificante de pagamento das taxas en Caja Rural de Zamora, ademais dunha fotocopia, ou amosar no seu caso, a condición de eurocidadán/empadroado do menor, para entregar todo nas oficinas do pavillón municipal ata que se cubran as prazas dispoñibles. O horario normalizado será de 09.00 a 14.00 horas.

Artigos relacionados

Back to top button