ConcellosÚltima hora

Verín acolle unha das primeiras feiras de Galicia trala entrada en vigor do estado de alarma

O mercado ao aire libre celebrábase no parque da Alameda na mañá deste luns 11 de maio, primeiro día da fase 1 da desescalada

 

Sen ningunha incidencia e segundo o previsto se desenvolvía en Verín a súa primeira feira desde a entrada en vigor do estado de alarma, coincidindo coa posta en marcha da fase 1 da desescalada.

Este mercado ao aire libre, un dos primeiros de Galicia, celebrábase na Alameda e de acordo coa normativa exposta pola consellería do Medio Rural, coa venda só de produtos agrícolas e de alimentación.

A Policía Local foi a responsable de vixiar a distancia mínima persoal, evitando calquera contacto social que non tivera por obxecto a compravenda, así como de regular o acceso para evitar as aglomeracións.

Fotos: Concello de Verín

Artigos relacionados

Back to top button