ConcellosÚltima horaVerín

Verín solicitará a declaración de zona catastrófica polos danos producidos polos incendios

Así o acordaba esta mañá por unanimidade a súa Corporación municipal nunha sesión plenaria

Imaxe do pleno desta mañá en Verín./ Foto: Concello de Verín.

 

A Corporación municipal do Concello de Verín vén de acordar hoxe por unanimidade activar o protocolo para que, tras o incendios acontecido a semana pasada, se activen os pasos necesarios para a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de Protección Civil. O obxectivo da proposta é que se habiliten as liñas de axudas e subvencións estatais pertinentes para recuperar o territorio afectado polos incendios.

O Concello de Verín toma esta decisión tras analizar os danos persoais e materiais derivados dos incendios forestais declarados o pasado 3 de agosto de 2022 (denominado IFVerínVerín) e o 18 de xullo de 2022 (denominado IFRabalOimbra).

O primeiro iniciouse con máis de 10 focos -o que apunta a unha clara intencionalidade- e aos poucos minutos avanzou con gran virulencia cara a diferentes diferentes puntos da vila (núcleo urbano e parroquias de Cabreiroá, Ábedes, Queirugás, Vilamaior, O Salgueiro, Caldeliñas, A Rasela e Tintores), xerando importantes danos materiais e obrigado chegando a decretar a situación 2 de emerxencia como medida preventiva ante a proximidade do lume ás casas. O segundo, entrou pola fronteira de Portugal o día 18 de xullo de 2022 con afectación no concello na parroquia de de Mandín provocando danos materiais. A suma total de hectáreas afectadas no cómputo global é de 1931.

Devandito documento aprobado contempla realizar as actuacións necesarias para solicitar ao Estado que aprobe no Consello de Ministros a declaración de zona afectada gravemente por emerxencia de Protección Civil (antigo estado de emerxencia), coa finalidade de solicitar as liñas de axuda previstas nesa Lei 17/2015, de 9 de Xullo, do Sistema Nacional de Protección Civil.

No escrito, a corporación municipal tamén quixo agradecer unha vez máis a todos os profesionais e voluntarios que participaron na extinción do incendio, o seu gran traballo, e rápida resposta. «Sen dúbida, grazas a todos eles evitouse que o desastre fose moito maior».

Outros asuntos do pleno

Ademais, o pleno ordinario tratou na súa orde do día outros asuntos, quedando aprobado definitivamente tamén o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións do Complexo Balneario- Asistencial de Caldeliñas, por 13 votos (8 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular.

Por outra banda, foi ratificado na sesión plenaria, por 13 votos (8 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, o convenio anual coa Asociación Vía XIV para a realización da VII Edición do Festival Internacional de Curtametraxes outorgando unha cooperación financeira municipal por importe de 40.000 euros.

Tamén se aprobou, por 13 votos (8 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular, solicitar o inicio do procedemento relativo á cesión do tramo urbano que discorre polo termo municipal do Concello de Verín, da seguinte vía de titularidade da Deputación: OU-1021 Verín (N525), dende o Pk 0 ao punto quilométrico 0,536.

Por último fixáronse no pleno, por unanimidade, os días festivos para o ano 2023 sendo finalmente o 17 de xaneiro (San Antón) e o 22 de febreiro (mércores de cinza).

Artigos relacionados

Back to top button