Están situados en dous canellóns da rúa Cancelón
O Concello de Verín suma dende onte dous novos parques infantís decorados con arte urbana e poesía, que están situados en dous canellóns da rúa Cancelón. As actuacións enmárcanse dentro do plan de rehumanización de Verín, co obxectivo de recuperar espazos estériles da vila e reconvertilos en lugares lúdicos e de lecer para o goce dos verineses.
O goberno local destinou a esta iniciativa un total de 9.115,84 euros na construción dos dous parques. Canto á decoración, investiu 2,783 euros para executar os tres murais de arte urbana. O traballo artístico tamén inclúe una frase da iniciativa literaria ‘Acción poética’, que ten eco mundial.
Os muros foron elaborados polo artista plástico urbán ourensán Mon Devine.