EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Viana celebra a 1º Feira da Cervexa ao ritmo de Os Bertolini

A mostra, que reúne a cinco stands, estará instalada na praza Maior ata a tarde do domingo 16 de xullo

Unha das mellores opcións para afrontar a intensa calor desta fin de semana é beber unha cervexa fresquiña. Así o cren en Viana do Bolo, vila que nesta fin de semana acolle a 1ª Feira da Cervexa Artesá. O recinto feiral está instalado na praza Maior da vila e nel poden visitarse cinco stands diferentes, tres deles de cervexas variadas. Os dous restantes son de produtos gastronómicos.

Numerosas persoas se achegaban ata esta mostra na tarde de onte, onde ademais o ambiente estaba animado coa música do grupo de música tradicional Os Bertolini, de Manzaneda. A feira, organizada polo Concello de Viana do Bolo en colaboración coa “Asociación para la Divulgación de la Cultura Cervecera Artesana”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button