CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Viana celebrará o San Xoán cunha gran fogueira e sardiñada popular

 

Ultímanse os preparativos en Viana do Bolo para celebrar na noite do xoves 23 de xuño o San Xoán cunha gran fogueira e sardiñada popular. ” Despois de varios anos sen celebrar esta mítica festividadede, a Asociación de Mulleres Rurais Bibei organiza, en colaboración co Concello de Viana do Bolo, unha noite moi especial e máxica amenizada pola música da charanga Alegría”, anuncian os promotores.

A celebración terá lugar no campo da feira a partir das 21h. As persoas interesadas en desfrutar desta celelebración poderán mercar a súa entrada (a un prezo de 3 euros) anticipada nos puntos de venda que aparecen no seguinte cartel.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button