ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana do Bolo rexistra 78 casos activos de Covid, 13 máis que o mércores

Centro de Saúde de Viana do Bolo.

 

Incremento tamén nos casos activos de Covid en Viana do Bolo. Segundo os últimos datos comunicados ao Concello polo Sergas (actualizados ás 18h. de onte), son 78 casos activos no municipio. Isto supón 13 máis que os rexistrados o pasado mércores.

“Segue a incrementarse o número de afectactos/as, polo que lembramos a veciños e veciñas a necesidade e a obriga de manter e respectar as normas e medidas sanitarias”, insisten dende o Concello, que tamén desexa “unha pronta recuperación ás persoas afectadas”.

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button