CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Viana prepara a súa III Feira do Libro e Libro de Ocasión

Celebrarase o sábado 21 de abril a partir das 17h na Praza Maior da vila e incluirá o espectáculo infantil “O pozo das señoras” da compañía Rilo & Penadique
Unha das actividades da pasada edición da pasada edición da Feira do Libro de Viana do Bolo./ Foto cedida.

Con motivo do Día do Libro, o Concello de Viana do Bolo prepara o que será a terceira edición da “Feira do Libro e Libro de Ocasión”.  O evento terá lugar o sábado 21 de abril a partir das 17:00h na Praza Maior desta localidade.

“Durante toda a xornada poderedes adquirir libros novos e de segunda man de tódalas temáticas e para tódalas idades. Trátase dunha iniciativa cultural, divertida e solidaria “, sinalan dende o Concello de Viana do Bolo. Ademais esta mostra contará con actividades de animación como unha actuación da compañía Rilo & Penadique “que traerán con elas maxia e fantasía” co espectáculo “O pozo das señoras”. Esta representación de contos e marionetas, vai dirixida a un público familiar, e tamén inclúe narración oral e música.

Por outra banda, o domingo 22 de abril terá lugar na Casa da Cultura de Viana do Bolo outra actividade cultural. Trátase da terceira e última das actuacións do Festival Terra Máxica. “Para a clausura deste gran Festival contamos coa actuación do Mago Teto , que traerá o seu último espectáculo Íntimo“, adiantan dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button