ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana recupera o seu magosto cunha numerosa participación

 

Numerosas persoas de todas as idades sumábanse á celebración do magosto popular de Viana do Bolo. Esta tradición recuperábase, tras o obrigado parón da pandemia, na tardiña deste domingo 14 de novembro no Toural.

Os protagonistas eran os bullotes, pero tamén os asistentes tamén podían degustar bolos preñados, bica e viño, ademais de auga, refrescos. Para poder asistir hía unha entrada cun donativo de 3 euros, con ela os participantes recibían, de forma individualizada o bolo preñado, a bica e as bebidas, e logo nunha bandexiña as castañas.

E como broche do magosto, había queimada e moita festa, neste caso ao son dunha charanga. Este magosto estaba organizado polo Concello de Viana do Bolo en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais Bibei.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button