CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Viaxe a Galicia de alumnado que estuda galego no Bierzo

O alumnado de primaria, secundaria e bacharelato pasa uns días no Albergue Xuvenil As Sinas participando en iniciativas de lecer e culturais que lle permitirán pór en práctica a súa competencia lingüística en galego

 

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitaban esta tarde de 2 de maio ao alumnado de primaria, secundaria e bacharelato do Bierzo adscrito ao Programa de promoción do galego que está a pasar estes días no albergue xuvenil As Sinas, en Vilanova de Arousa.

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude promove unha estadía en Galicia de dous días de duración para estudantes participantes no Programa de promoción do galego nos territorios da Comunidade Autónoma de Castela e León en que se fala galego, que se desenvolve ao abeiro do protocolo de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León.

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, déronlle a benvida á delegación castelá-leonesa integrada por máis dun cento de persoas –entre alumnado, mestres e acompañantes– no albergue xuvenil As Sinas.

Ambos tiveron a oportunidade de interesarse polas principais iniciativas que se están a desenvolver nos 19 centros educativos dependentes da Junta de Castilla y León –18 en León e 1 en Zamora– adscritos a este proxecto, , xurdido da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León, iniciada no ano 2001.

Valentín García transmitiulles ao profesorado e á rapazada participante o importante papel que xogan na promoción exterior do uso do galego e na continuidade e conservación da fala fóra das fronteiras de Galicia. Do mesmo xeito, expresou a vontade da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de seguir apoiando este tipo de iniciativas.

Pola súa banda, Lara Meneses puxo en valor o interese que a lingua galega esperta máis aló das nosas fronteiras, especialmente na xente nova, gabando a súa aposta por formarse nela e garantir a continuidade do galego nestas terras.

Estadía cultural como complemento educativo

Grazas a esta estadía, que inclúe diferentes actividades culturais co obxectivo de favorecer o contacto directo do alumnado coa lingua galega e de complementar os seus coñecementos de lingua e de cultura galegas, rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos e mestres que imparten docencia nos centros educativos adscritos ao Programa do galego no Bierzo chegaron a Galicia, onde botarán estes dous días participando en diferentes iniciativas culturais que lles permitirán poñer en práctica a competencia lingüística adquirida e achegarse en primeira persoa á cultura galega.

Artigos relacionados

Back to top button