A praza desta localidade barquense acollía unha nova edición deste festival con catro grupos no escenario
Catro bandas incluía o cartaz da novena edición do Vilarock que se celebraba na noite do 13 de agosto na praza de Vilanova (O Barco). Tratábase de El Sombrero del Abuelo, numerosa banda madrileña que está xirando por Galicia; Consumo Propio, do Bierzo; Vergallazo, ourensáns teloneiros en máis dunha ocasión de Los Suaves; e os vianeses Cabo da Vila que están a presentar o seu novo disco “Antes de que me coman los gusanos”.
Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil