En portadaÚltima hora

Vilariño de Conso acollerá o 25 de xaneiro a 1ª fase do XI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas

O evento estará adicado a Adelaida Domínguez Pérez, cantora de coplas de cego de Pradoalbar

Presentación do certame de bandas de gaitas.

 

Uns 600 gaiteiros procedentes de bandas de gaitas de diferentes municipios das provincias de Ourense, León, Lugo, A Coruña, de Asturias e Portugal, participarán o vindeiro sábado 25 de xaneiro na primeira fase do XI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas que se celebrará en Vilariño de Conso.

O evento comezará a partir das 11:30 horas, en memoria de Adelaida Domínguez Pérez, cantora de coplas de cego de Pradoalbar e a entrega de diplomas e medallas terá lugar ás 14:30 horas coa posterior interpretación de forma conxunta do Himno do Antergo Reino de Galicia. Ademais, o día anterior, venres 24 de xaneiro ás 17:30 horas, terá lugar a inauguración en Chaguazoso do monumento á copla “O caso das Piornizas”, creada por Leandro Besteiro no 1949.

 

Cartel do certame.

 

A presentación deste evento cultural tivo tiña lugar esta mañá no Pazo Provincial, coa asistencia do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía; do director da Real Banda de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo; e o coleccionista de pliegos de cordel, Julio Domínguez.

O vicepresidente da Deputación de Ourense lembrou que o certame naceu con vocación de “servir como canle cultural ás bandas de gaitas de toda a Península Ibérica, sendo un complemento educativo ao ensino recibido na Escola de Gaitas da Deputación de Ourense”.  Pola súa parte, o director da Real Banda de Gaitas da Deputación salientou que Vilariño de Conso converterase o vindeiro sábado “na capital da gaita e da nosa cultura”. Así mesmo, Melisa Macía afirmou que acoller este evento cultural supón tamén “homenaxear a nosa Banda de Gaitas, que leva máis de 30 anos realizando un importante labor a prol da nosa cultura e que, actualmente, conta con 25 integrantes”.

Artigos relacionados

Back to top button