Os máis pequenos de Vilariño de Conso tamén conmemoraban esta data do 25 de novembro. Así no Punto de Atención á Infancia (PAI) de Vilariño os cativos realizaban unha actividade no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, froito dela son estas imaxes, con mensaxes e xestos de agarimo fronte a estipo de violencia.
Outra actividade semellante realizábase no CEIP San Martiño. Ademais, no marco desta data tiña lugar a inauguración da praza da Muller Rural en Vilariño de Conso, un acto que incluía, entre outras actividades, lectura de textos e poesías.
Fotos cedidas.