“Moi merecido”. É sen dúbida un dos comentarios máis escoitados dende que o Concello do Barco anunciaba que a Mención de Honra desta XXIII edición da Festa do Botelo sería para a ruesa Virginia Goméz Trincado, cociñeira do Bambú dende hai 40 anos.
Un recoñecemento polo seu labor á fronte do establecemento hostaleiro famoso polos seus bocadillos, polas súas tortillas e sobre todo por non pechar nunca, sendo aínda hoxe todo un referente para moitas xeracións do Barco e do resto da comarca, que era entregado no mediodía deste sábado 18 de xaneiro, no acto central da festa que tiña lugar no Teatro Lauro Olmo.
Coa desenvoltura e alegría que a caracteriza, Virgina subía ao escenario do teatro convidada polo presentador do evento, Guti González, e trala proxección dun vídeo narrado de viva por sobre a súa vida e o traballo na hostalaría, primeiro no Bar Norte da Rúa, onde empezou co seu home Pedro e a súa irmá, e xa despois no Bambú onde continuaba o matrimonio axudado xa polos seus fillos e a empregada que leva 14 anos con ela.
Antes incluso de que a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta e o alcalde do Barco, Alfredo García lle fixerna entreda da meción e do ramo de flores, Virginia daba as grazas “ao Concllo por pensar en min para este recoñecemento, á miña familia por botarme unha man cando o fixeron, a todas as xeracións que pasaron polo Bambú, moitísimas, a toda a comarca de Valdeorras día a día e amigos”, desexando “que Deus me deixe desfrutar desta homenaxe”, dixo visiblemente nerviosa e emocionada.
Por parte da súa familia, eran tres dos seus netos os que subían con ela, lendo un emotivo texto de agradecemento a todos os que fixero posible esta meción e á propia avoa “pola túa adicación e incansable traballo pero sobre todo, por deixarnos celebrar hoxe contigo este día tan especial. Querémoste e estamos moi orgullosos de ti”, remataban entre sonoros aplausos.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.
Máis información, vídeos e fotos:
O pregón do humorista David Amor abre a XXIII Festa do Botelo do Barco