DeportesÚltima hora

Visita da directora xeral de Xuventude ao campamento do albergue de San Xoán de Río

 

O campamento sobre Astronomía e Natureza que se está a desenvolver no Albergue Xuvenil de San Xoán de Río recibía onte a visita da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel.

Á súa chegada os nenos e nenas estaban a realizar unha actividade de tiro con arco e nun dubidou en sumarse a ela. Neste campamento lévanse a cabo diferentes actividades deportivas, observatorios virtuais das estrelas, sendeirismo ou acampada, entre outras actividades.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado destacou a enorme importancia que teñen estas actividades, coas que se pretende fomentar o lecer educativo saudable e seguro das mozas e mozos galegos durante a temporada estival e á súa vez mostrar o respecto que a natureza merece e precisa mentres se contribúe á súa conservación e mellora.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button