CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Visita de profesorado do IES Carlos Casares de Viana a Cervera de Pisuerga

Coñecían os recursos, a xestión e a metodoloxía utilizada polos profesores e o equipo directivo do IESO Montaña Palentina, dentro do programa de innovación educativa "Observa_Acción"

 

Cinco profesores do IES Carlos Casares de Viana do Bolo visitaban nestes días Cervera de Pisuerga para coñecer os recursos, a xestión e a metodoloxía utilizada polos profesores e o equipo directivo do IESO Montaña Palentina, dentro do programa de innovación educativa “Observa_Acción”, co que, a través de observacións en aula, búscase a mellora da práctica docente.

Os docentes Monserrat Ulloa, Elena Gómez, Lucía Diéguez, Sandra Carracedo e Carlos Ferreiro, acompañados dun asesor da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta, Antonio Bello, participaron do 6 ao 9 de marzo en reunións, observacións directas dentro da aula, e encontros de equipos de traballo, para fomentar a colaboración e a aplicación do observado.

As principais liñas tratadas foron a orientación educativa, o traballo da mestra de Pedagoxía Terapéutica, o Plan Lingüístico do centro, as actividades nos talleres de Bioloxía e Tecnoloxía, Erasmus, a xestión de bibliotecas, de titorías, do club de lectura, o programa de alumnos axudantes e mediadores, as actividades extraescolares, o fomento da lectura e a comunicación escrita etc. Ao que se sumaron as observacións dentro da aula, en sesións lectivas de diferentes materias, tal e como informan dende o instituto vianés.

 

 

Esta viaxe supón a devolución da realizada hai dous semanas polos compañeiros do IESO Montaña Palentina para, do mesmo xeito, coñecer os recursos, a xestión e a metodoloxía do IES Carlos Casares. Este proxecto de innovación, no que se unen a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, a Consellería de Educación de Castela e León e o Ministerio de Educación, permitirá que, en cursos posteriores, os dous centros sigan colaborando e compartindo o deseño de protocolos, actividades e metodoloxías educativas.

Artigos relacionados

Back to top button