Dende o 3 de maio o equipo de Sputnik Labrego está a realizar unha campaña de escavacións no Castro de Valencia do Sil (Vilamartín), contando ademais, por segundo ano, con estudantes do Máster Mestrado Interuniversitario de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade.
Neste marco, o vindeiro 20 de maio ás 17h. está prevista unha visita guiada (tendo como punto de encontro a Fonte de Valencia do Sil) ao xacemento na que se darán a coñecer os novos resultados e parte dos achados, tal e como anuncian dende Sputnik Labrego.