CulturaCulturaEducaciónEn portadaÚltima hora

Visita guiada ao Castro de Valencia do Sil (Vilamartín) o día 29 e obradoiros infantís

Visita guiada ás escavacións realizadas no Castro de Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras), un ano anterior./ Cedida.

 

O próximo xoves 29 de xullo, ás 18.30h, terá lugar a visita guiada ao Castro de Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras). O Concello de Vilamartín de Valdeorras, quen financia cada ano os traballos, en colaboración con Sputnik Labrego, animan a todas aquelas persoas interesadas a compartir con eles a xornada de portas abertas no Castelo de Valencia do Sil.

Este ano o tema central das intervencións estivo vencellada á posta en valor do sitio. “Nesta primeira fase o fundamental é protexer as estruturas arqueolóxicas precarias”, comenta Carlos Tejerizo, director das escavacións. “A exposición das estruturas ás inclemencias climáticas, implica un deterioro maior, por iso a nosa proposta é tratar de paralizar ese deterioro, consolidando as estruturas que se construíron hai 1500 anos e que levan máis de 50 anos á vista”, remata.

Non obstante, non todo se centrou nesa consolidación, se non que ademais a visita guiada tamén ofrecerá os resultados das sondaxes realizadas nestes días. Por unha banda, “localizouse unha zona de posible almacenaxe, e por outra, realizouse unha sondaxe preto do camiño, permitindo elaborar novas hipóteses da conformación do asentamento”, indica Tejerizo.

Ademais, “este ano queremos que a vista guiada tamén estea enfocada ao futuro de Valdeorras”, sinala Celtia Rodríguez, codirectora da intervención. “É fundamental que eles formen parte dun patrimonio que tamén é seu, e a mellor forma de facelo é xogando a ser arqueopeques”.

 

 

Desta forma, este ano a visita guiada incorporará uns obradoiros para os nenos e nenas da comarca, nos que a aprenderán por un lado como era a vida no castelo, á vez que desenvolverán tarefas arqueolóxicas adaptadas. Os obradoiros consistirán en realizar traballos arqueolóxicos dentro duns arneiros preparados para eles, potenciando a importancia da documentación e a descrición dos elementos no seu contexto. “É fundamental que os nenos vexan que nós non estamos a buscar tesouros se non que o tesouro é o propio castelo e a importancia de protexelo para que outros nenos e nenas do poidan desfrutar del no futuro”, indica Celtia Rodríguez.

A visita guiada está programada para o día 29 de xullo, ás 18.30h, na fonte-lavadoiro do lugar de Valencia do Sil. Como cada ano, o equipo arqueolóxico indica que é importante levar auga e calzado cómodo para poder realizar a subida ao castelo.

Para poder participar nos obradoiros de Arqueopeques deben de inscribirse indicando a idade e o número de nenos e nenas que queiran participar no número: 661448899. Haberá prazas limitadas para as inscricións. Os obradoiros de Arqueopeques realizaránse trala finalización da charla no castelo.

Artigos relacionados

Back to top button