CulturaCulturaEducaciónEn portadaÚltima hora

Volve a Convivencia Intercomarcal Tuxo e Lela, que se celebrará na Veiga o 1 de xullo

Imaxe da anterior edición desta convivencia, no 2019 na Mezquita./ Foto cedida.

 

Logo dunha obrigada paréntese de dous anos, regresa neste 2022 a Convivencia Intercomarcal Tuxo e Lela, que terá como escenario A Veiga o vindeiro 1 de xullo.

Neste encontro de nenos de 0 a 3 anos e familiar, que entrelaza o lecer coa educación, participarán unha decena de centros, segundo adianta a organización: o PAI (Punto de Atención á Infancia) de Vilariño de Conso, a Galiña Azul Viana do Bolo, as 2 casas nido da Veiga, a Casa niño de Larouco, a Casa niño de Manzaneda, a Casa niño da Gudiña, a Casa niño da Mezquita e o PAI do Riós.

 

 

 

Tamén participarán no encontro a Asociación Os Tres Reinos, a Cruz Vermella e a Dirección Xeral de Tráfico. Durante a convivencia haberá inchables para os cativos e tamén xogos populares (a cargo da Deputación de Ourense) e contarase co contacontos Anxo Moure.

Artigos relacionados

Back to top button