EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Volve o Magosto do Barco CCA cunha locomotora de castañas na praza do Concello os días 20 e 21 de outubro

Poderán intercambiarse tíckets de compra de establecementos asociados por cornetes de castañas

 

O Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco celebrará a terceira edición da campaña Magosto  Obarcoaberto os días 20 e 21 de outubro. Trátase dunha iniciativa de dinamización que busca “poñer en valor a tradicional festa do Magosto e ofrecer aos clientes unha campaña atractiva”, tal e ocmo se indica dende esta entidade, que preside Jacobo Arias.

A campaña consistirá, novamente, na instalación dunha locomotora de castañas asadas na praza do Concello do Barco, onde os clientes poderán intercambiar tíckets de compra dos establecementos asociados por un cornete de castañas asadas, totalmente gratis.

O Magosto Obarcoaberto do CCA O Barco celebrarase durante os seguintes días e horas:
Venres 20 de outubro, de 10:30 a 13:30 horas e de 18:30 horas a 20:30 horas
Sábado 21 de outubro, de 10:30 horas a 13:30 horas

“Os clientes só entregarán tíckets actuais, é dicir, de compras realizadas durante a celebración da campaña; e poderán presentar como máximo dous tickets ao día. As castañas para a celebración desta campaña foron doadas pola empresa valdeorresa Castañas Moral, a quen agradecemos a súa colaboración publicamente”, explican dende O Barco CCA.

 

Artigos relacionados

Back to top button