O aire está reactivando novamente o incendio forestal que está a devastar a comarca de Valdeorras. Arestora os puntos que máis preocupan son zonas como Viladequinta e Portela do Trigal (Carballeda de Valdeorras), Quereño, Porto e Real (Rubiá) e está subindo á zona do Serro (O Barco), onde está tirando con forza.
No caso de Viladequinta o incendio estase achegando pola parte de arriba do pobo e tamén se achega perigosamente en Sobradelo.
https://youtube.com/shorts/HBuOQyQehPk?feature=share
Fotos cedidas/ Mónica G. Bellver.
Vídeo cedido.




