DeportesÚltima hora

X Concentración de Vespas, Lambrettas e motos clásicas en Verín o 28 de agosto

 

Verín acollerá o 28 de agosto a 10ª Concentración de Vespas Lambrettas e motos clásicas de Verín, organizada polo Club Vespa Verín en colaboración co Concello de Verín. Durante o transcurso desta edición realizarase un paseo turístico polos balnearios e os lugares de interese de maior interese turístico da zona, con saída desde a Praza García Barbón ás 11:00 horas.

Os participantes terán dereito a petisco e consumición nas paradas programadas no itinerario do paseo. Ademais, o domingo, ás 14:00 horas, os asistentes desfrutaran dunha comida conxunta nun restaurante da vila, con sorteo de regalos e entrega de premios aos asistentes.

O prezo de inscrición é de 25 euros. Para realizar os pagamentos a organización pon á disposición dous métodos: inscrición e pagamento previo, ate o 23 de agosto, a través da conta: ABANCA ES 48 2080 5168 1630 4001 9559, ou inscrición e pagamento no propio día da concentración, a partir das 9:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button