ConcellosÚltima hora

Xa está a venda o calendario de sobremesa do 2022 do Periódico O SIL

As persoas que non sexan subcritoras poderán adquirilo en quioscos e librerías por un prezo de 4 euros

Unha das imaxes incluídas no calendario 2022 do Periódico O SIL./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nesta primeira semana de xaneiro vén de saír á rúa o calendario de sobremesa do 2022 do Periódico O SIL, que os nosos subscritores recibirán, un ano máis, gratis co número de xaneiro deste novo ano como un agradecemento á fidelidade e ao seu apoio dos nosos subscritores.

Aquelas persoas que non sexan subscritoras do Periódico O Sil tamén terán a posibilidade de adquirir este calendario do 2022 nos quioscos e librerías por un prezo de 4 euros.

Dende a súa primeira aparición no 2001, este calendario goza dunha gran acollida entre o público. Cada ano que pasa tratamos de melloralo, de facelo máis práctico e útil, así como máis atractivo. Por iso coidamos o seu deseño (do que se ocupa Eduardo Martín Pita) e a escolma das 26 imaxes que o ilustran (practicamente todas de Carlos G. Hervella).

Inclúense dúas fotos por mes (máis a da cuberta e contracuberta) que supoñen un percorrido visual por entornos naturais e patrimoniais da Galicia interior. Cada imaxe acompáñase dunha cita célebre, así como de información dos días e das lúas do mes correspondente.

Das 24 páxinas deste calendario de sobremesa, un total de 12 están en galego e castelán e o resto en inglés e portugués. A información deste calendario complétase con teléfonos de interese.

Artigos relacionados

Back to top button