O Barco recupera as súas festas de Santa Rita. Na vindeira fin de semana, do 20 ao 22 de maio vestirase de gala e desfrutará dunha programación, que incluirá, ademais dos tradicionais actos relixiosos, a volta das orquestras e as verbenas.
Con motivo destas datas tan especiais para os barquenses o Periódico O Sil vén de poñer na rúa unha nova edición do seu monográfico adicado ás Festas da Santa Rita no que, ao longo de 32 páxinas, se percorren as principais referencias tanto relixiosas, como lúdicas e deportivas do seu programa. Dende a tradicional procesión coa imaxe da santa o día 22 á actuación de varias orquestras nestes días.
No Especial Santa Rita de O Sil hai asemade entrevistas e diversas reportaxes. Non quedes sen el. Se non es subscritor, podes conseguilo nos quioscos e librarías do Barco.