
Na xornada deste 31 de xaneiro Palleirós era escenario da Fuliada da Mourela p’acá, que cada ano se celebra nunha aldea diferente desta parte do municipio de Manzaneda. Tras a petición de permiso en verso, a ronda e as representacións de disputas e parodias, tiña lugar un xantar popular que reunía a unhas 180 persoas na carpa. Non faltaban tampouco as fariñadas, nin a música, nesta ocasión da man do Dj .
Fotos cedidas.
