Eleccións municipaisOurenseÚltima hora

Xesús Vázquez presenta o seu programa para Ourense

O candidato popular á alcaldía aposta pola creación de emprego como elemento fundamental
"A cidade que ti queres" é o eslogan do candidato popular á alcaldía de Ourense.
“A cidade que ti queres” é o eslogan do candidato popular á alcaldía de Ourense.

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ourense, Xesús Vázquez, vén de presentar o seu programa electoral “con ilusión por amosar o noso modelo de cidade. Un programa participativo, ambicioso e, sobre todo, que pode ser cumprido. Queremos facer realidades” dixo.

No acto, celebrado na mañá do 8 de abril, Vázquez subliñou que a súa candidatura centrará o esforzo no emprego, como xerador de riqueza e oportunidades e un vector transversal para tódalas áreas. “Un compromiso de cidade e coa cidadanía, recollido neste programa, no que as nosas ideas iniciais foron melloradas coas peticións e suxestións que me fixeron chegar nas máis de 300 reunións, visitas e encontros que mantiven nas últimas semanas, así como por email e whatsapp”.

Xesús Vázquez, candidato do PP á alcaldía de Ourense.
Xesús Vázquez, candidato do PP á alcaldía de Ourense.

Segundo explicou o candidato, o proxecto popular conflúe no obxectivo de dun Ourense que sume e integre. “Un Ourense que faga sentir orgullo ás ourensás e aos ourensáns. Unha administración áxil, transparente, cercana e eficaz que todos demandamos e na que temos que avanzar. Un espazo aberto a ilusión, no que calquera poida desenvolver un proxecto laboral, económico, social, persoal ou familiar. Unha cidade onde todos nos sintamos representados nos responsables municipais. Onde tanto o centro da cidade como os barrios sexan parte fundamental dunha cidade amable, limpa, accesible e solidaria. Un Ourense sustentable, emprendedor, creativo, moderno e comprometido co seu futuro”.

O popular Xesús Vázquez na presentación do programa electoral.
O popular Xesús Vázquez na presentación do programa electoral.

No tocante á súa declaración de intencións, Xesús Vázquez matizou que “preséntome para dar un novo rumbo a Ourense, cheo de folgos e ilusión. E o fago comprometendo o meu traballo e o dos meus compañeiros, con proximidade e humildade. Para poder realizar este proxecto, o proxecto do Partido Popular, ofrezo diálogo, experiencia, xestión, honestidade e a miña dispoñibilidade absoluta.

O programa consta de dez grandes bloques: Ourense comprometida e solidaria; Ourense amable, sostible e accesible; Ourense segura e comunicada; Ourense emprendedora e dinámica; Ourense cercana, responsable e participativa; Ourense dinamizadora e cultural; Ourense activa e saudable; Ourense xove; Ourense verde e termal; e Ourense no mundo.

Sede do candidato do PP na cidade de Ourense,
Sede do candidato do PP na cidade de Ourense,

Xesús Vázquez concluíu que “este é o programa de Ourense, feito por Ourense e para Ourense. Grazas a todos os que me aportaron as súas ideas para mellorar o novo modelo de cidade que todos desexamos”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button