CulturaCulturaÚltima hora

Xornada de portas abertas na intervención arqueolóxica no Escourial (A Pobra do Brollón)

 

O proxecto de investigación “Recoñecendo a actividade humana fóra dos castros da Idade do Ferro do Noroeste ibérico mediante metodoloxías non invasivas (HINTERLAND)”, que se está a desenvolver nestes días na parcela coñecido como “O Escourial”, nas inmediacións do castro de San Lourenzo, ábrese ao público.

Veciñanza e visitantes poderán coñecer o traballo que realiza o equipo de investigadores nunha xornada de portas abertas prevista para o día 29 de xuño. Ademais de visitas guiadas, a partir das seis da tarde, a actividade rematará con charlas, empanada e viño na Fragua da Celsa en Rairós.

 

 

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), promove este proxecto de investigación, que está “financiado polo Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica no marco da convocatoria “Proxectos de Xeración de Coñecemento 2021”.

Esta intervención ten como investigadores principais a César Parcero Oubiña e David González Álvarez. A actuación conta coa colaboración de Xurxo Ayán Vila, da Universidade Nova de Lisboa, quen desenvolve traballos arqueolóxicos na zona desde hai décadas. Ademais, participa a Asociación de Veciños de Cereixa María Castaña.

Fotos:  Proxecto “Recoñecendo a actividade humana fóra dos castros da Idade do Ferro do Noroeste ibérico mediante metodoloxías non invasivas”.

Artigos relacionados

Back to top button