OurenseÚltima hora

Xornada de portas abertas na nova sede do Arquivo Histórico Provincial de Ourense

As visitas serán guiadas e con cita previa, o vindeiro mércores, 29 de xullo, ás 10:30h e o xoves 30 ás 20:00

Fachada do Convento de San Francisco. / Foto: Arquivo Histórico Provincial de Ourense.

 

A Xunta de Galicia organiza xornadas de portas abertas na nova sede do Arquivo Histórico Provincial de Ourense, situada no antigo Convento de San Francisco. As visitas estarán guiadas polo director, Pablo Sánchez Ferrol, e buscan achegar á ciudadanía as características deste inmoble do século XIV de gran valor patrimonial. Poderáse contemplar a transformación arquitectónica do edificio, os espazos do arquivo, as salas de investigación e os depósitos.

As visitas terán un aforo máximo de 25 persoas cunha duración de entre 50 e 75 minutos. Os interesados deberán concertar cita para o mércores, 29 de xullo, ás 10:30h ou para o xoves 30 ás 20:00h a través do correo electrónico arq.prov.ourense@xunta.gal ou do teléfono 988788228. En función da demanda poderánse fixar novas datas.

Esta actividade realízase uns días antes de que comece o traslado de fondos dende o emprazamento actual do arquivo, no Pazo Episcopal, ata a nova sede en San Francisco. Durante o traballo, que se prolongará ata o mes de setembro, moveranse unhas 54.000 caixas de documentación con libros, pergamiños, cartafoles, pergamiños, códices, incunables, facsímiles, fotografías, mapas e diapositivas. O traslado estará supervisado polo persoal técnico e aterase ás condicións de manipulación daqueles fondos singulares pola súa antigüidade, formato ou estado de conservación.

A decisión de trasladar o arquivo permitirá conformar un novo espazo cultural no centro urbano de Ourense xa que o novo emprazamento ubícase moi preto da Biblioteca Pública do Estado. Por outro lado,a vella sede, no Pazo Episcopal, quedará dispoñible para ampliación do Museo Arqueolóxico Provincial.

Artigos relacionados

Back to top button